Thursday 02 de May de 2024

O alcalde reúnese coa empresa encargada da revisión do Plan Especial do Casco Histórico para iniciar os traballos


O Concello está traballando na recompilación de toda a documentación que entregará á empresa no momento da firma do contrato

O obxectivo deste encontro, presidido polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, é avanzar cara á consecución dun instrumento actualizado que permita xestionar axeitadamente o principal activo patrimonial, turístico e económico da cidade e que dea resposta ás novas esixencias ás que se enfronta o Casco Histórico.

A empresa Estudio Thuban resultou gañadora do concurso ao que se presentaron cinco ofertas. A intención do Goberno local é a de axilizar ao máximo a redacción deste documento a través de mecanismos de seguimento dos traballos.

Por este motivo, haberá unha comisión executiva que se reunirá como mínimo unha vez ao mes co equipo redactor do plan, e unha comisión de participación, que será convocada trimestralmente e na que estarán representados diferentes sectores da sociedade.